ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN E MAGOSTO

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN E MAGOSTO

A Biblioteca Municipal Luís Rei ten preparado un gran abano de actividades para celebrar o Samaín e Magosto.

Ás 17:30 horas, nos Xardíns da Biblioteca, contaremos cunha procesión funesta acompañados de Batukada. Haberá doces típicos feitos pola Asociación de Amas de Casa Albariño, castañas asadas, música e moitas sorpresas.

Ademais, celebrarase un concurso de cabazas. Haberá 3 categorías: 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º. O concursocomezará o mércores 25 ata o luns 30 de outubro ás 23:00 horas.

Os participantes terán que subir una foto da cabaza ao facebook  “Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei” e ser seguidor da páxina. A foto de cada categoría que reciba máis “Me gusta” terá un agasallo.

Os concursantes traerán as súas cabazas durante o luns 30 de outubro para exhibilas nos Xardíns da Biblioteca durante a tarde do Samaín.

Dende a Concellería de Ensino, Deporte e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a gozar destas actividades.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.