Actividades gratuítas para nenas e nenos en idade de primaria nas casas de cultura das parroquias cambadesas durante xullo e agosto

Actividades gratuítas para nenas e nenos en idade de primaria nas casas de cultura das parroquias cambadesas durante xullo e agosto

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Tino Cordal presenta “¡Abrimos por vacacións!”, a programación de actividades lúdicas que este verán terán lugar nas casas de cultura das parroquias.

O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para rapazas e rapaces (en idade de primaria) durante as vacacións de xullo e agosto.

En todos os centros culturais das parroquias (Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño) se realizarán actividades gratuítas de animación á lectura, iniciación á informática, obradoiros de idiomas e actividades de repaso e apoio extraescolar dous días á semana en cada centro, das 10 ás 13 horas.

As inscricións para estas actividades iniciaranse o vindeiro luns 20 de xuño ata esgotar as prazas. Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 673 533 289 ou na dirección de correo cultura@cambados.es.