ADHESIÓN Ó PROTOCOLO XERAL DE ACTUACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALCIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS PARA FOMENTAR A IMPLANTACIÓN E FIXACIÓN DE EMPRESAS EN GALICIA MEDIANTE A CREACIÓN DA INICIATIVA “CONCELLOS DOING BUSINESS GALICIA
En relación có expediente de adhesión ó Protocolo xeral de actuación suscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e provincias para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Doing Business Galicia”, de data 10 de outubro de 2017, sinala como compromisos que teñen que adquirir os Concellos para participar na mesma, a adopción das seguintes medidas:
Aprobar mediante acordo plenario unha modificación da ordenanza fiscal reguladora dos Impostos sobre bens inmobles, sobre actividades económicas e sobre construcións, instalacións e obras que estableza unha bonificación potestativa de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.
En relación con estas tres bonificacións potestativas de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para supostos declarados de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, estableceranse os seguintes tramos.
– Ata o 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo.
– Cando menos o 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
– Cando menos o 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.”
Pola súa banda, a adenda a este protocolo, de data 13 de decembro de 2017, modifica os apartados relativos os compromisos no relativo a Taxa pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalente e a Taxa pola apertura de establecementos: no que se modificou a obriga de aprobar mediante acordó plenario, por o concdicionante de que poderán establecer os beneficios fiscais que sexan aplicables ou a non suxeición a esta taxa dos autónomos e empresas que soliciten licenza de obra ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo, cando o seu código CNAE corresponda a algunha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3. Cambio importante xa que no caso de ter que aprobar esta medida fiscal obrigatoriamente para participar na iniciativa “Doing Business Galicia”, teriamos que aprobala co informe en contra do departamento de Intervención, motivo polo que dito compromiso non se tramitou para a aprobación no pleno.
Este convenio tamén establece o compromiso de resolver as solicitudes de licenza de obra maior nas que o peticionario sexa unha empresa ou un autónomo para a construción dunha edificación estimada á primeira implantación dunha actividade, nun prazo máximo de 30 días naturais dende que o -Concello dispón da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.
En materia de solo empresarial, aqueles concellos que sexan titulares deste tipo de solo, adoptan o compromiso de fixar prezos competitivos das parcelas establecendo bonificacións sobre os mesmos que variarán segundo a zona do territorio onde estean ubicados. Así mesmo, comprométense a incorporar e ofrecer ás empresas a posibilidade de acudir a figura xurídica do dereito de superficie. Neste caso, Concello de Cambados non dispón a día de hoxe de solo empresarial en propiedade.
Por último, o Protocolo establécese o compromiso de mantemento durante tres exercicios orzamentarios das medidas fiscais comprometidas ao abeiro do disposto na mesma.
Ben, a Concellaría de Economía e Facenda presentou esta adehesión a iniciativa “Doing Business Galicia” coa finalidade de fomentar a implantación e fixación de empresas no Concello de Cambados, algo no que xa se esta a traballar durante estes ultimos anos neste Concello, con medidas como a creación dun Viveiro de Empresas, un Coworking municipal, que nun ano de vida xa se ocuparon ao 100%, e o único Viveiro Industrial da comarca do Salnés, do que xa se presentaron solicitudes de ocupación polo 50% das naves dispoñibles atopándose en tramitación as mesmas no concello.
Participando nesta iniciativa “Doing Business Galicia” o Concello espera obter beneficios para fomentar a implantación de empresas coa concesión de axudas para investimentos e gastos no ámbito industrial, do emprego e para emprendedores, e formar parte da marca territorial asociada á Oficina Doing Business. Pero a Xunta tamén debería implicarse máis en fomentar a implantación de empresas e que non sexan os concellos os que sempre teñamos que poñer a carne no asador, en materia de incentivos fiscais.