A RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS INICIARÁ A SÚA PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE VENDIMA CUNHA CATA COMENTADA A BORDO DUN CATAMARÁN O DÍA 18 DE SETEMBRO

A RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS INICIARÁ A SÚA PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE VENDIMA CUNHA CATA COMENTADA A BORDO DUN CATAMARÁN O DÍA 18 DE SETEMBRO

A ruta do viño Rías Baixas está ultimando xa tódolos preparativos para a próxima posta en marcha da súa Ruta da Vendima 2015. Catas comentadas, visitas a adegas e sendeirismo centran as actividades da programación específica que se desenrolará durante as vindeiras semanas.

A primeira das actividades que se levarán a cabo o vindeiro venres 18 de setembro, trátase dunha cata comentada que se desenrolará durante un paseo en catamarán pola Ría de Arousa. A cita será ás 19:30 horas no peirao do Grove, dende onde partirá o barco de Mares do Grove nun percorrido que durará aproximadamente 90 minutos. “Pensamos en innovar a nosa oferta de ocio a través da combinación dunhas inmellorables vistas da ría e uns excelentes viños”, indicou a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.

A cata estará dirixida polo recoñecido sumiller Nacho Costoya e comprenderá a degustación dun total de catro viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Tamén se aproveitará esta viaxe para dar a coñecer algúns detalles sobre a Ría de Arousa e a súa importancia para a economía do municipio do Grove, destacado especialmente pola calidade e ampla variedade do seu marisco. O prezo desta actividade é de 13 euros e o prazo de inscripción finaliza o día 16 de setembro.

Para as seguintes semanas estanse preparando visitas guiadas ás adegas no seu momento de maior actividade, así como unha ruta de sendeirismo que se desenrolará pola subzona do Val do Salnés. Dende a Ruta do Viño Rías Baixas agardan que estas actividades conten cunha boa acollida entre os amantes da viticultura e da natureza.

Para formalizar reservas ou para obter maior información sobre calquera das actividades da Ruta de vendima 2015, os interesados deben chamar á ruta do Viño Rías Baixas (986 091 088 / 687 523 320) ou escribir ao correo electrónico info@rutadelvinoriasbaixas.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.