A OMIX estrea páxina web

A OMIX estrea páxina web

Continuamos coa ampliación do espazo web do Concello de Cambados, unha forma de achegar aos veciños e veciñas o traballo municipal. Despois da recente presentación da páxina do obradoiro de emprego, que xa está dispoñible para o público no enlace oe.cambados.es chega o turno da web da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

A OMIX, situada no centro sociocultural da Merced, é a casa da xuventude de Cambados, e ofrece servizos tanto de formación a través de diversos cursos, como de información sobre os máis diversos eidos de interese da mocidade.

A relación da xente xoven coas novas tecnoloxías é incuestionable, e por eso queremos que esta web sexa o escaparate co que os xóvenes descubran e coñezan asuntos e servizos importantes para eles e que igual lles pasan desapercibidos.  Levamos tempo dando a ver a labor da OMIX nas redes a través do seu perfil de facebook, ademáis da sección na web municipal, e agora damos un salto de calidade con esta páxina.

Unha páxina que nace con vocación de servizo e que servirá por exemplo como axuda aos mozos e mozas que queiran poñer en marcha unha idea e necesiten ese asesoramento sempre necesario. Tamén conta cunha ferramenta para axudar a confeccionar un currículum en liña, e para solicitar unha serie de carnés que aportan varias vantaxes como o carné xoven, estudante ou de familia numerosa.

Tamén se informará nesta web de todas as actividades e eventos organizados, coma cursos, talleres, xornadas de ocio alternativo ou concertos xuvenís.

O enlace á páxina é o seguinte: omix.cambados.es

O  desenvolvemento desta web, así coma das outras webs temáticas, foi levado a cabo por persoal municipal, empregando ferramentas gratuítas, polo que non supuxo ningún custe para as arcas municipais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.