A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE CAMBADOS INFORMA DO CHEO TOTAL NO SECTOR HOSTALEIRO NA SEMANA DA LXIII FESTA DO ALBARIÑO

A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE CAMBADOS INFORMA DO CHEO TOTAL NO SECTOR HOSTALEIRO NA SEMANA DA LXIII FESTA DO ALBARIÑO

Os Servizos Turísticos do Concello de Cambados,  informa que as portas do comezo da LXIII  edición da Festa do Viño Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, o sector hostaleiro experimentou un ano máis un cheo total para a semana máis esperada por todos os Cambadeses e para os amantes do “Príncipe dourado dos viños”.

Así,  a oficina de turismo está a pleno rendemento. Como é  costume nesta época do ano,  son moitos os turistas que se achegan as  nosas  instalacións  para recibir información da nosa vila e dos arredores,  sendo os datos rexistrados superiores aos de anos anteriores; isto é  debido en gran medida  as campañas de promoción levadas a cabo dende o concello, así como, ao amplo horario de apertura de atención ao público da oficina de turismo, estando aberta todos os días da semana, fins de semana e festivos inclusive, en horario de mañá e tarde. Ademais, ata a nosa oficina non só se achegan turistas aloxados en Cambados, senón que tamén os que pernoctan principalmente na Comarca do Salnés e proximidades de Santiago de Compostela.

Dicir, que a ola de calor sufrida en gran parte do territorio español foi unha das razóns polas que este ano moitos turistas decidiron visitar Galicia, tal e como nos aseguran ao acercarse a nosa  oficina, agradecendo as agradables temperaturas que aquí poden disfrutar, sobre todo a xente procedente da metade sur da península.

Dende a Oficina de Turismo local infórmase que o mes de agosto, como soe ser habitual, é o mes no que Cambados recibe un maior número de visitantes e esperase que esta cifra continúe estable durante a primeira quincena do mes de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.