Os Servizos Turísticos do Concello de Cambados, informa que as portas do comezo da LXIII edición da Festa do Viño Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, o sector hostaleiro experimentou un ano máis un cheo total para a semana máis esperada por todos os Cambadeses e para os amantes do “Príncipe dourado dos viños”.
Así, a oficina de turismo está a pleno rendemento. Como é costume nesta época do ano, son moitos os turistas que se achegan as nosas instalacións para recibir información da nosa vila e dos arredores, sendo os datos rexistrados superiores aos de anos anteriores; isto é debido en gran medida as campañas de promoción levadas a cabo dende o concello, así como, ao amplo horario de apertura de atención ao público da oficina de turismo, estando aberta todos os días da semana, fins de semana e festivos inclusive, en horario de mañá e tarde. Ademais, ata a nosa oficina non só se achegan turistas aloxados en Cambados, senón que tamén os que pernoctan principalmente na Comarca do Salnés e proximidades de Santiago de Compostela.
Dicir, que a ola de calor sufrida en gran parte do territorio español foi unha das razóns polas que este ano moitos turistas decidiron visitar Galicia, tal e como nos aseguran ao acercarse a nosa oficina, agradecendo as agradables temperaturas que aquí poden disfrutar, sobre todo a xente procedente da metade sur da península.
Dende a Oficina de Turismo local infórmase que o mes de agosto, como soe ser habitual, é o mes no que Cambados recibe un maior número de visitantes e esperase que esta cifra continúe estable durante a primeira quincena do mes de setembro.