Este mes de outubro realizarase o ciclo de documentais de Memoria Histórica A NOSA MEMORIA, unha gran oportunidade para botar unha ollada ás raíces da nosa cultura.
O ciclo desenvolverase todos os venres de outubro, ás 20:00h en Exposalnés.
-Venres 6 de outubro: “Castelao e os irmáns da liberdade”. Intervirá Xan Leira (director dos documentais)
-Venres 13 de outubro: “Alexandre Bóveda, unha crónica da Galiza mártir”. Intervirá Duarte Correa (profesor de historia)
-Venres 20 de outubro: “Crónicas de silencio e sal”. Intervirá Montse Fajardo (xornalista e escritora)
-Venres 27 de outubro: “Crónicas de pizarra e xiz”. Intervirá Manuel Núñez (mestre xubilado)