A HOMENAXE DE CÁPSULA A BOWIE E A HABILITACIÓN DUNHA ZONA INFANTIL, PRINCIPAIS NOVIDADES DA FESTA CIDADE EUROPEA DO VIÑO

A HOMENAXE DE CÁPSULA A BOWIE E A HABILITACIÓN DUNHA ZONA INFANTIL, PRINCIPAIS NOVIDADES DA FESTA CIDADE EUROPEA DO VIÑO

O vindeiro 9 de setembro terá lugar no Parque Torrado de Cambados a ‘Festa Cidade Europea do Viño’ cun programa desenrolado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que pretende ser unha alternativa musical diferente á oferta xa existente dos festivais de verán.

Coa excelencia como mellor aval, as bandas presentadas o pasado venres 4 no marco da Festa do Albariño, caracterízanse por acumular premios da crítica especializada e por percorrer escenarios de todo o mundo: Belako, Familia Caamagno, Presumido, Ghesgha, Disco Las Palmeras!, , Brian Cross, Emilio José e Os Indígenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Niña Coyote eta Chico Tornado pasarán pola Capital europea do Viño nunha xornada para toda a familia.

Pero o que sen dúbida será un dos grandes atractivos da xornada será Cápsula co seu espectáculo ‘Dreaming of Ziggy Stardust’. Unha homenaxe á obra de David Bowie que xa comezou no ano 2012 no que gravaron un disco, “Dreaming of The Rise and Fall of Ziggy Stardus” en homenaxe a case homónima obra mestra do extraterrestre Bowie e que está considerado como unha das obras de referencia no rock.

Tal é a influencia de Bowie na banda, que colleron o nome dunha das súas cancións, Space Oddity onde se fala de cápsulas espaciais. Pero non fan un tributo ao uso, senón que acaban mergullados en cada unha das cancións clásicas do elepé do xenio británico, recreando ese retrato da sociedade decadente a punto da sumirse na autodestrucción como tema ainda vixente hoxe en día.

Nunha xornada pensada para toda a familia, o festival contará con foodtrucks e servicio de bebidas para aqueles que teñan pensado pasar todo o día no recinto. Os prezos, moi populares varían entre os 10 euros de entrada anticipada (cós gastos engadidos) aos 15 de taquilla e permítese á entrada de menores de 16 anos gratis sempre acompañados por un titor. As entradas anticipadas xa están á venda en ticketea.

A música chegará ao Parque Torrado a partires das 12.30 h e prolongarase ininterrumpidamente ata ben entrada a madrugada da man de Brian Cross, un dos djs máis internacionais do panorama musical actual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.