A Festa do Viño Albariño convírtese en festa de interese turístico internacional

A Festa do Viño Albariño convírtese en festa de interese turístico internacional

A Secretaría de Estado de Turismo ven de comunicar que, unha vez estudada toda a documentación na que se solicitaba a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional para a Festa do Viño Albariño, foi concedido dito nomeamento.

Con este título, o Albariño convírtese na primeira festa enogastronómica galega en ser recoñecida como de interese turístico internacional, e súmase á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona.