O Paseo da Calzada acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza a asociación de comerciantes Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados.
A feira celebrase os días 17, 18 e 19 de agosto e os postos estarán abertos en horario ininterrumpido de 11 horas da mañá a 23 horas da noite.
Nela participan un total de 35 comercios, e o público poderá atopar produtos moi diversos, como roupa de muller, home e neno, calzado, complementos, material deportivo e ata alimentos con importantes descontos.
Esta edición terá ademáis un aire mariñeiro e estará decorada con dornas e aparellos, así como comercios de náutica, requisito de Portos de Galicia para permitir a instalación dos postos no Paseo da Calzada.
O evento contará tamén con animación musical para contribuír ao ambiente festivo e haberá hinchables para os máis pequenos cos que se recadarán fondos para a Asociación Esperanza Salnés.