A Feira de Antigüidades volve a Praza do Concello este Domingo

A Feira de Antigüidades volve a Praza do Concello este Domingo

Os postos de venda de antigüidades volverán o domingo a Praza do Concello. Tralo éxito alcanzado coa mostra que tivo lugar o paso 22 de xullo, Cambados decidiu repetir a experiencia.

Esta Feira de Antigüidades, organizado por profesionais e restauradores, ofrecía os obxectos máis dispares e pintorescos. Desde porcelanas de Sargadelos con máis de cen anos de antigüidade ata mobles rústicos, pranchas de carbón, fotografías de comezos do século XX e gramófonos. Para o amante do colecciónismo tampouco faltaron os teléfonos, os gramófonos, os utensilios náuticos ou as cámaras fotográficas con gran valor para a nosa historia recente.

Segundo destacaron os organizadores deste evento, estas actividades están sendo altamente positivas sobre todo pola participación do público, o que anima a proseguir con esta iniciativa cultural debido á curiosidade que esperta entre nenos e maiores. Así mesmo, este recuncho das antigüidades tamén atrae a numerosos coleccionistas que acoden á mostra buscando novos obxectos que incluír no seu patrimonio.

Precisamente as feiras de antigüidades convertéronse en cita imprescindible para estas persoas. Conseguir unha moeda, un selo, un prato de porcelana ou unha edición especial dun libro pode ser fácil nun destes rastros. Estes puntos de venda itinerantes xa percorreron concellos de toda Galicia.

Esta feira de Antigüidades tivo que mudar a súa situación habitual no Paseo das palmeiras nos xardíns da Calzada, ao non contar cos permisos de Portos de Galicia para instalarse en terreos da súa titularidade. Esta negativa motivada pola nova lexislación autonómica na materia, estivo a piques de provocar que non se chegara a celebrar esta actividade tras dezaseis anos realizando a feira en terreos de titularidade do ente autonómico, motivo polo que, este ano decidiuse mudar o lugar de instalación para a Praza do Concello.