A FECA APOIA O TRASLADO DA SEDE DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS A CAMBADOS

A FECA APOIA O TRASLADO DA SEDE DO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS A CAMBADOS

O Concello de Cambados recibiu hoxe a visita dos representantes da directiva da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), José Luís Vilanova Peña (presidente) e Manuel Míguez, no que amosaron o seu apoio á reivindicación do traslado da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas de Pontevedra a Cambados.

 

A FECA está realizando visitas por todos os concellos da comarca para darse a coñecer ante as novas corporacións municipais do Salnés. Ademais, no encontro mantido na Casa do Concello de Cambados tratáronse outros temas como: a demanda por parte deste organismo en participar no Padroado da Festa do Albariño, a proposta de construír un polígono industrial para empresas do sector do mar, a necesidade de mellorar a mobilidade e o transporte público intracomarcal, o desdobramento da vía rápida desde Catoira ata O Grove para mellorar a comunicación en ámbalas dúas beiras da Ria da Arousa, a creación dunha senda litoral peonil desde Vilagarcía ata O Grove e a demanda da parada do AVE na estación de tren de Vilagarcía na época estival para dar un mellor servizo ao Turismo que ven visitar a nosa comarca por este medio de transporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.