A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA 41 CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS NOS SEUS CENTROS CPAE 2.0 ESTE MES DE OUTUBRO

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA 41 CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS NOS SEUS CENTROS CPAE 2.0 ESTE MES DE OUTUBRO

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este mes de outubro un total de 41 cursos de Nova sTecnoloxías en seis localidades dentro do programa do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0

En concreto, os cursos terán lugar en Cambados, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. Estes talleres desenvolveranse ao longo de todo o mes de outubro, están encamiñados a preparar aos empresarios e ás persoas emprendedoras en diversos aspectos das novas tecnoloxías que favorazan os seus comercios e empresas.

Así, programaranse talleres de dixitalización, almacenamento na nube, comercio virtual, redes sociais, publicidade en Google, marqueting, fotografía para comercio virtual, comercio electrónico, Google Calendar, Hootsuite ou WordPress.

Os talleres realizaranse no centro Exposalnés de Cambados, na aula universitaria da UNED en Lalín, no centro de desenvolvemento local de Ponteareas, no multicentro do Concello de O Porriño, no edificio administrativo da Deputación en Pontevedra, e na sede da Deputación en Vigo.

Todas as persoas interesadas poden consultar as datas dos talleres e información de interese na páxina web www.cpae20.depo.es ou no correo electrónico info@cpae20.depo.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.