A BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS REI TEN PREPARADA UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS REI TEN PREPARADA UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Acompañarannos Teatro Ghazafelhos e a súa obra “Camiñando entre estrelas” o martes 24 ás 20.00 h. no Auditorio Municipal. Para todos os públicos ata completar aforamento. Anteriormente, ás 19.30 h., farase entrega dos premios ós mellores lectores nas categorías infantil, xuvenil e adulta.

Ademáis, nas Axencias de Lectura contaremos co espectáculo “Os Ratiños da caixa” con Trinke Trinke ás 17.30 h.:

Na ALM Vilariño o día 27

Na ALM Castrelo o día 26

Na ALM Corvillón o día 25

E na  ALM Oubiña o día 23

Gozaremos destas actividades subvencionadas grazas ao programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.

Dende a Concellaría de Cultura, Deporte e Ensino do Concello de Cambados, o seu responsable Victor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a participar nestas actividades.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.