Un ano máis, a biblioteca Municipal Luís Rei, grazas ao programa Ler conta moito realizará unha serie de actividades a prol da animación á lectura e á proxección das bibliotecas e axencias de lectura como espazos culturais lúdicos.
Este ano como novidade, no mes de marzo, abril e maio preténdese por en marcha o proxecto “A Biblioteca Viaxeira”, que xa se viña realizando nos meses de verán, pero que desta volta artella unha serie de saídas da biblioteca a diferentes espazos, neste caso serán as escolas de Cambados, nas que difundir aos rapaces de primaria a celebración dalgunhas datas destacadas (ás veces olvidadas).
As propostas serán as seguintes:
-Luns 20 de marzo: Celebraremos o Día da Tradición Oral no cole de Vilariño, con Charo Pita e “O pucheiro de señora Emilia”.
-Martes 21 de marzo: Celebraremos o Día da Poesía no cole de Castrelo co espectáculo musical “A nosa música” de Jorge e María.
-Luns 27 de marzo: Celebraremos o Día do Teatro no Cole de Corvillón con Santi Prego e “O Teatro máis pequeno do mundo”.
-Luns 3 de abril: Celebraremos o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo xuntando no Auditorio Municipal aos coles de San Tomé, Magariños, Mecos e representantes de BATA e a As. Por Dereito. Contaremos con Raquel Queizás e a súa “Romaría”.
-Luns 15 de maio: Celebraremos con todos os colexios de Cambados no Paseo da Calzada, o Día das Letras Galegas con Migallas e o seu espectáculo “Canta connosco!” en homenaxe a Carlos Casares.
Dende a biblioteca municipal Luís Rei preténdese dar un pulo na estimulación dos nenos, de 1º e 2º ciclo de primaria principalmente, de cara a incentivar a lectura de xeito que se adquira como hábito diario, para eso foméntase este tipo de actividades e espectáculos, todos eles baseados en contos, autores e historias da tradición oral galega. Do mesmo xeito téntase por en valor educación en valores como a tolerancia e a inclusión, o respecto polas tradicións e a cultura oral, ou achegar xéneros pouco coñecidos para o público infantil como a poesía.