Os días 21, 22 e 23 de setembro levouse a cabo unha campaña especial de doazón de sangue coa colaboración do Concello de Cambados, na que se remitiu aos vecinos e veciñas material informativo para tratar de incrementar a participación neste acto solidario. O resultado foi moi satisfactorio, xa que 160 persoas se achegaron ata a unidade móvil e se realizaron 139 doazóns, das que dezaseis foron levadas a cabo por persoas que acudían por primeira vez.
Esta colaboración e outras moitas ao longo de máis de cen concellos galegos, permite que poidamos traballar na procura de preto de 10000 doazóns cada mes, na época do ano máis difícil para a doazón de sangue como é o periodo estival.
Como xa é sabido, Cambados acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 74 doazóns por cada 1000 habitantes, participación que cumpre as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1000 habitantes).
Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) queren amosar o seu agradecemento ao concello de Cambados e ás veciñas e vecinos que participaron nesta campaña, na que adicaron 15 minutos da súa vida a doar sangue e a axudar a moitas persoas a recuperar a saúde.