A ALCALDESA FATIMA ABAL E A VICEPATRONAMAIOR E PRESIDENTA DE GIMATOUR MARIA XOSE CACABELOS ACOMPAÑAN A CARMELA SILVA NO SEU PRIMEIRO ACTO INSTITUCIONAL

A ALCALDESA FATIMA ABAL E A VICEPATRONAMAIOR E PRESIDENTA DE GIMATOUR MARIA XOSE CACABELOS ACOMPAÑAN A CARMELA SILVA NO SEU PRIMEIRO ACTO INSTITUCIONAL

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, adicou ás mulleres da provincia o seu primeiro acto institucional da lexislatura, nun encontro que se celebrou na Praza Concepción Areal de Pontevedra.

Deputadas de distintas formacions políticas, alcaldesas, concelleiras, sindicalistas, empresarias e mulleres profesionais da industria, o comercio, a cultura, o ensino, a sanidade, a comunicación e o deporte, así como representantes de asociacions e colectivos sociais de toda a provincia, compartiron coa Presidenta da institución a “decidida aposta pola igualdade” que, dixo Silva, “será una seña de identidade deste Goberno, así como o noso compromiso de deixar os despachos e saír a rúa”.

Representaron a Cambados neste acto a alcaldesa Fátima Abal, así como Marisa Gil de la Peña, empresaria da adega Gil Armada, María Teresa Arenaz, da asociación Desperta Cambados, e María Xosé Cacabelos, vicepatroa maior e presidenta da agrupación de mariscadoras a pé.

A Presidenta da Deputación provincial mostrou a sua emoción pola extraordinaria acollida da convocatoria e destacou “o talento das mulleres pontevedresas que eu non penso desaproveitar, polo que a partires de agora serán visibles e protagonistas en todas as políticas da institución”.

Carmela Silva invitou ás mulleres da provincia a reunirse con ela para “falar de todo” e reiterou a sua disposición de emprender dende o primeiro día un cambio radical para abrir as portas da institución e que as propostas dos cidadans entren na Deputación. “Só un político imbécil e escuro non recoñece que os mellores proxectos e as mellores ideas saen sempre da sociedade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.