A alcaldesa de Cambados Fátima Abal presentou no palacete de Mendoza, sede de Turismo das Rías Baixas, a edición numero 66 da Festa do Albariño. Recordou con orgullo os comezos da feira alá polo ano 1953, ao calor da amizade compartida dun grupo de entusiastas do viño que competían da maneira máis fraternal pola mellor colleita do ano. Na actualidade expertos e sommeliers de toda España realizan a cata profesional que nomeará o mellor viño Albariño do ano.
Esta idea revolucionaria, salientou a alcaldesa, continúa a día de hoxe , onde milleiros de persoas acoden cada ano para visitar as rúas e prazas e viaxar ao país dos sentidos, co sabor, aroma e esa cor amarelo dourado tan carismática deste caldo tan recoñecido; como dicía Álvaro Cunqueiro “o príncipe dourado dos viños”.
Foi en 1977 cando a Festa do Albariño se recoñece como festa de interese turístico nacional e a alcaldesa quixo salientar que se segue traballando duro desde o grupo de goberno para que moi pronto sexa recoñecida festa de interese turístico internacional.
Son xa 66 anos de antigüidade da segunda festa gastronómica máis antiga de Galicia que no pasado ano 2017 nomeou a Cambados “cidade europea do viño”.
A alcaldesa estivo acompañada dos seus homónimos da provincia xunto coa presidenta da deputación Carmela Silva, para salientar que as nosas festas dan a coñecer a nosa cultura e a nosa gastronomía. Cambados recibiu a pasada edición da Festa do Albariño a 200 mil persoas, e un rexistro en vendas de 90 mil botellas de viño en 5 anos. Un sector económico en mellora permanente donde enólogos e viticultores son os protagonistas.
A festa do Albariño será inaugurada no paseo da calzada por un cambadés ou cambadesa de renome 5 días antes do primeiro domingo de agosto á unha da tarde, e posteriormente dará comezo a festa con folclore e gaitas como manda a nosa cultura tradicional. De seguido abriranse os stands para degustar os caldos e a gastronomía e durante os cinco días e noites que dura a festa Cambados será escenario de concertos e festivais de música, talleres infantís, desfiles, teatro, e actividades para todas as idades.
A festa remata ese primeiro domingo de agosto no que será escollido o mellor albariño do mundo, haberá espectáculo pirotécnico un minuto antes da media noite e para pechar un festival de música en directo que cerra ata o próximo ano os días de adoración o noso caldo mais recoñecido.