A ALCALDESA DE CAMBADOS ENTRA A FORMAR PARTE DO CONSELLO FEDERAL DA FEGAMP

A ALCALDESA DE CAMBADOS ENTRA A FORMAR PARTE DO CONSELLO FEDERAL DA FEGAMP

A Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, xunto co Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, participaron o venres pasado na IX Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias que se celebrou en Santiago de Compostela na sede da Escola Galega de Administración Pública. Nesta Asemblea da FEGAMP onde se procedeu a Elección dos novos Órganos de Goberno tamén se realizaron varias comisións de traballo de debate de propostas de resolución nas que participaron tanto a alcaldesa Fátima Abal como o Concelleiro de Economía e Facenda Xurxo Charlín.

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, participou na comisión de traballo de “Transparencia, servizos e modernización” xunto con outros alcaldes e observadores dos distintos concellos de Galicia, xa que nesta asemblea estaba representado mais do 80% dos concellos galegos, neste grupo de traballo acordouse unha resolución onde a FEGAMP recomenda as entidades locais fomenten a transparencia a través dos distintos medios electrónicos, establezan uns cauces efectivos de participación veciñal así como a modernización da administración pública e a utilización de novas tecnoloxías na mesma.

Por outra banda, o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, participou na comisión de traballo “Por un novo modelo de Financiamento Local” onde se acordou unha resolución dende a FEGAMP na que se inste a mudar o modelo actual de reparto da Participación dos Ingresos do Estado (PIE) de xeito que os criterios que se utilicen doten dunha maior estabilidade os concellos, ademais de esixir no criterio de reparto destes fondos unha formula que introduzan os criterios de Entidades Singulares de Poboación, superficie e envellecemento; demandar do estado medidas de flexibilización en materia de teito de gasto, endebedamento e contratación de persoal, solicitar a Xunta de Galicia a que se aprobe unha Lei de Facendas Locais de Galicia consensuada coa FEGAMP, ou demandar da Xunta de Galicia a asunción dos servizos da súa competencia que actualmente prestan os concellos, ou que en todo caso dote de recursos as entidades locais que prestan estes servizos; e tamén, promover medidas que propicien un maior grao de homoxeneización e equilibrio na tributación local, estimulando os procesos de converxencia e normalización tributaria.

Xa pola tarde procedeuse a votación e debate en pleno das propostas de resolución, e para rematar, a elección dos Órganos de Goberno da FEGAMP, na que saíu elixida a lista encabezada polo socialista Alfredo García que acadou 674 votos dos 1.757 emitidos. O rexedor de O Barco contará co alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, como vicepresidente executivo.

A Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entra a formar parte do Consello Federal da FEGAMP, sendo este o órgano máximo entre Asembleas, é o encargado de desenrola-las resolucións aprobadas pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.