VOLVEN OS CURSOS DE LINGUA DE SIGNOS A CAMBADOS

O vindeiro sábado 5 de novembro o salón de actos da Casa da Calzada (ExpoSalnés) acollerá o reinicio dos cursos de lingua de signos que se celebraban xa antes da pandemia e que tiñan unha elevada demanda. Será coa mesma profesora, Miriam Aller, da empresa Entresignos, que vén impartindo esta formación dende o ano 2018. […]