Actividades gratuítas para nenas e nenos en idade de primaria nas casas de cultura das parroquias cambadesas durante xullo e agosto

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Tino Cordal presenta “¡Abrimos por vacacións!”, a programación de actividades lúdicas que este verán terán lugar nas casas de cultura das parroquias. O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas […]