SUSANA GARCÍA NÁJERA PRESENTA “SAUDADE” EN CAMBADOS

O libro obtivo o III Premio Nacional de Novela «Ateneo Mercantil de Valencia» e parte da Novela está ambientado no Cambados da posguerra, a vida dura das mariscadoras das Rías Baixas e a emigración galega a América a mediados do século XX.   A presentación vai ser este Venres 1 de Abril ás 20:00h no […]

DORIAN E AMAIA ÚNENSE AO CARTEL DE CONCERTOS DA LXX FESTA DO ALBARIÑO

Saen á venda as entradas para os concertos na Praza de Fefiñáns As entradas para os concertos de AMAIA e DORIAN, xunto coas de MORAD e BENY JR, saen á venda este venres 1 de abril ás 12 do mediodía en ataquilla.com, a un prezo de 5 euros (máis 1 euro de gastos de xestión). […]

TANXUGUEIRAS, MORAD E BENY JR ACTUARÁN NA LXX FESTA DO ALBARIÑO

O Concello de Cambados confirmou o concerto de Tanxugueiras na LXX Festa do Albariño, que terá lugar na Praza de Fefiñáns o martes 2 de agosto, ás 22:30 horas. A entrada será gratuíta ata completar aforo, pois o recinto da praza estará valado e haberá estritos controis de seguridade en todos os concertos. Ademais, segundo […]

A ESCOLA DE EMPODERAMENTO DOLORES DEL VALLE INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES CUN OBRADOIRO SOBRE LIDERADO FEMININO

A “Escola de Empoderamento Dolores del Valle” de Cambados inicia as primeiras actividades propiamente ditas despóis da súa presentación oficial o pasado 11 de febreiro. En concreto, será un Obradoiro sobre “Empoderamento e Liderado Feminino” que terá lugar o día 25 de marzo, como parte do programa conmemorativo do 8M deseñado pola Concellería de Igualdade […]

CAMBADOS ACOLLERÁ UN CURSO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO PARA MAIORES DE 50 ANOS SOBRE CRIMINOLOXÍA, O NOVO RETO SOCIOECONÓMICO E O GÓTICO MARIÑEIRO

A formación impartirase no Salón Peña do 31 de marzo ao 8 de abril O Concello de Cambados acollerá un curso da Universidade de Santiago de Compostela destinado á poboación de máis de 50 anos, enmarcado no seu programa Universitario de Maiores IV Ciclo “Democratización do Coñecemento”. O obxectivo da formación é difundir o coñecemento […]

PRESENTACIÓN DO LIBRO ALEJANDRO VIANA ESPERÓN, UN GALEGO A FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS

O Venres 4 de marzo ás 20.00h no salón de actos da Casa da Calzada contaremos coa presentación do libro sobre Alejandro Viana, e escrito por Roberto Mera. A presentación contará coa intervención do Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, e do autor, nun acto conducido por Roque Durán. Na Europa ocupada polos nazis, miles de […]

CAMBADOS REPARTIRA MIL EUROS EN PREMIOS NA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI

A Concellería de Promoción Económica do Concello de  Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Centro puxeron en marcha unha nova campaña de promoción do comercio local con motivo da celebración do Día do Pai que se desenvolverá desde hoxe ata o 23 de marzo, coa participación dos máis de 100 establecementos do municipio asociados […]