CAMBADOS REPARTE GRATUITAMENTE “PALABRIÑAS DA NOSA LINGUA”, UN LIBRO EN GALEGO PARA OS CATIVOS

A Área de Normalización Lingüística do Concello de Cambados, dirixida polo edil Tino Cordal, publicou un novo libro para nenas e nenos entre cero e oito anos que nace para cubrir a necesidade de material didáctico e educativo, que lle permita ao profesorado de educación infantil traballar en galego nas aulas. Esta publicación titulada “Palabriñas […]