PRESENTACIÓN DO LIBRO EN XAPONÉS A ROSA DE CEN FOLLAS, XVI PREMIO RAMÓN CABANILLAS

O vindeiro 26 de xullo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Luís Rei levarase a cabo á presentación do libro en xaponés  A ROSA DE CEN FOLLAS a cargo de Takekazu Asaka. Posteriormente o día 27 de xullo as 20:30 horas no Auditorio Municipal A Xuventude Celebrarase a XVI edición do premio  RAMÓN CABANILLAS.

PROGRAMA TERRACYCLE

O Concello de Cambados participa no programa de recollida de instrumentos de escritura ( bolígrafos, rotuladores, portaminas,borradores,marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través de Terracycle. Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón perfectamente identificadas nos puntos de entrada dos edificios públicos, que posteriormente serán enviadas a empresa de […]