CAMBADOS VAI ACOLLER UN CONGRESO MEDICO SOBRE O CANCER DIXESTIVO

Máis dun centenar de especialistas implicados no tratamento dos tumores dixestivos de toda Galicia participarán en VI Reunión Anual de GITuD que terá lugar no Salón de Reunións e Congresos José Peña de Cambados o 5 e 6 de outubro, contando coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais, Terceira Idade e Sanidade qu dirixe o […]

Actividades culturais nas parroquias

Dende de  Concellería de Cultura do Concello de Cambados e  dentro do programa, “Ler Conta Moito”, da Xunta de Galicia, ofertaranse varias actividades infantís e familiares para os vindeiros días. Con estas actividades  preténdese promover a lectura entre os máis pequenos e pequenas, espertar o seu gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a […]

Arranxo da Casa Natal Ramón Cabanillas

A Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, informa que esta semana iniciouse a obra de arranxo da Casa Natal de Ramón Cabanillas que forma parte do proxecto xeral de musealización, realizado polo deseñador Pepe Barro, do legado do escritor que terá a súa principal actuación no edifico de  exposalnés. As obras correspondentes á Casa […]

CAMBADOS PROMOVE UN CURSO DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA PARA MAIORES DE 60 ANOS

Os maiores de 60 anos de Cambados poderán participar nun Curso de Técnicas de Estimulación da Memoria que, organizado pola Concellería de Servizos Sociais, impartirase dende 4 de outubro ao 30 de Maio. A actividade, destinada á prevención de enfermidades como demencia ou alzheimer, terá lugar os xoves de 16:30 a 18:30h no Salón Peña, […]

A Exposición “sorrisos transformadores” chega ao salón de plenos do Concello de Cambados

O salón de plenos do Concello de Cambados acollerá entre o 17 e o 28 de setembro a exposición “Sorrisos transformadores”, que poderá ser visitada entre as 9:00 e as 14:00 horas. O mércores 19, ás 11:00 farase un acto de inauguración no auditorio da Xuventude, coa presencia da presidenta de Deputación, Carmela Silva, e […]

VIII Xornada de cetrería no parque de Torrado

O parque de Torrado acolle este sábado 15 de setembro a oitava edición da xornada de cetrería, co seguinte programa: 10:30 Recepción de cetreiros 11:00 Mostra de material cetreiro / identificación de aves rapaces / iniciación á cetrería / uso da telemetría na cetrería 17:00 Paseo de placeo de aves de Torrado a Fefiñáns 20:00 […]

A Festa do Viño Albariño convírtese en festa de interese turístico internacional

A Secretaría de Estado de Turismo ven de comunicar que, unha vez estudada toda a documentación na que se solicitaba a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional para a Festa do Viño Albariño, foi concedido dito nomeamento. Con este título, o Albariño convírtese na primeira festa enogastronómica galega en ser recoñecida como de interese […]