Galería de fotos dos cursos de agosto da OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ven de concluír os cursos de verán que durante o mes de agosto impartiron os seguintes módulos: Curso de protección de datos Curso “ser violent@ é unha elección” Curso de linguaxe de signos Talleres creativos con gomaespuma, nós e fimo                        

Plan Madruga 2018-19

O próximo 12 de setembro co inicio do curso escolar 2018-2019, nos colexios de Cambados, comezará o Plan Madruga. Por segundo ano consecutivo este servizo que ofrece a Concellaría de Cultura e Ensino  do Concello de Cambados, iniciarase ao mesmo tempo ca o comezo do curso escolar. Ademais por primeira vez o citado servizo realizarase […]

Presentación do poemario “o corpo en extinción”, de Xosé Mª Vila Ribadomar

O venres 31 de agosto, ás 20:00h, o xardín do Pazo de Torrado será escenario da presentación do poemario “o corpo en extinción”, de Xosé Mª Vila Ribadomar. No evento intervirán Patricia Torrado Queiruga (editorial Toxooutos), Emilio Ínsua (poeta, ensaísta e profesor) e Víctor Caamaño (concelleiro de Cultura)

Presentación da páxina web do obradoiro de emprego para a renovación urbana e medioambiental

Dende o Concello de Cambados seguimos ampliando e consolidando o noso espazo web , unha tarefa que comezou cunha serie de páxinas web temáticas como as de enoturismo, o portal de transparencia, a web do viveiro de empresas ou a da oficina de asesoramento ao contribuínte, así como distintas páxinas nas redes sociais. Esta aposta […]

I Carreira Festas da Valvanera

O paseo marítimo acollerá o sábado 8 de setembro, a parires das 7 da tarde, a I Carreira Festas da Valvanera, para nenos e nenas nados entre 2003 e 2015. As inscricións faranse o mesmo día d aproba de 17:00 a 18:30 ou nos teléfonos 659595613 (Ana) e 606150164 (Kinso). Organiza: Comisión de Festas da […]

Xornadas de enoturismo e medioambiente de gran interese para o sector do viño este sábado ás 10 da mañá na Fundación Manolo Paz

O paradigma da sustentabilidade. Retos para o sector do viño e o enoturismo Xornada técnica, divulgativa e lúdica Horario: 10 a 14 horas Lugar: Fundación Manolo Paz Conferencias: Cristina Cabaleiro (USC) Jorge Domínguez (UVigo) Felipe Macías (USC) Marta Lores (USC) Gumersindo Feijoo (USC) Carmen Padín (UVigo) J.Antonio Souto (USC) Iván Cristobo (CCGalega   Clima e […]

A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE CAMBADOS QUE SE CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA TERÁ AMBIENTE MARIÑEIRO

O Paseo da Calzada acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza a asociación de comerciantes Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados. A feira celebrase os días 17, 18 e 19 de agosto e os postos estarán abertos en horario ininterrumpido de 11 horas da mañá a […]

A Feira de Antigüidades volve a Praza do Concello este Domingo

Os postos de venda de antigüidades volverán o domingo a Praza do Concello. Tralo éxito alcanzado coa mostra que tivo lugar o paso 22 de xullo, Cambados decidiu repetir a experiencia. Esta Feira de Antigüidades, organizado por profesionais e restauradores, ofrecía os obxectos máis dispares e pintorescos. Desde porcelanas de Sargadelos con máis de cen […]

Exposición fotográfica: “Mariscadoras”, de Adrián Baúlde

O fotógrafo, Adrián Baúlde presenta “ Mariscadoras”, unha exposición fotográfica no exterior que pretende render homenaxe ás mariscadoras de Cambados que, cada día, centos delas desempeñan un labor calado, duro, sacrificado… Pouco agradecido e moitas veces invisible. Con esta serie de fotografías  preténdese concienciar da dureza do seu traballo, facelo visible resaltando todo o atractivo […]