Kepa Junquera e a Orquestra de Jazz de Galicia actuarán no Albariño

O mércores 1 de agosto a praza d eFefiñáns acollerá o concerto de Kepa Junquera acompañado de varios artistas convidados, mentres que o venres 3 será o turno da orquestra de jazz de Galicia xunto con Martirio, Pedro Guerra e Uxía, nun espectáculo presentado por Xurxo Souto.

Xa dispoñible a aplicación oficial da LXVI Festa do Albariño

Tras a presentación do programa da Festa do Albariño, comunicamos que xa está actualizada a aplicación oficial, unha maneira de non perder detalle da nosa festa máis importante. A aplicación conta co programa completo da festa, así como un apartado adicado á súa historia, as novas relacionadas con dita festa, mapas cos que localizar os […]

En agosto, volven os Seráns de Troula a Cambados

A Troula volve a Cambados en agosto, coa segunda edición de Serán de Troula. Esta vez son os xoves os días elixidos para este ciclo de concertos orientados á mocidade, buscando ser un anticipo da fin de semana. O salón de plenos da casa consistorial acolleu a presentación do evento, nunha rolda de prensa na […]

Convocatoria do pleno ordinario de xullo

O xoves 26 de xullo, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xullo, coa seguinte ORDE DO DÍA: A) PARTE RESOLUTIVA 1º.- Expediente 3182/2018. Requirimento preliminar entre administracións públicas / Moción B.N.G. – Modificación da lei de portos de Galiza. 2º.- Expediente 3183/2018. Requirimento […]

UN NOVO CONCERTO PARA SEGUIR DINAMIZANDO AS RÚAS RECÉN PEONALIZADAS DE CAMBADOS.

O Concello de Cambados e a Asociación Zona Centro queren seguir dinamizando as rúas do entorno urbano recén peonalizadas. Por eso, tralo exitoso concerto de Manso e Amigos en Fefiñáns, agorá será a Rúa Isabel II a que acolla un concerto de balde. Neste caso, a música de Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira […]