1ª MOSTRA DA CAMELIA

1ª MOSTRA DA CAMELIA

Non podíamos atopar mellor data que na fin de semana do Día dos Namorados para exhibir a beleza da Camelia… e non poidan ser outros que un grupo de verdadeiros namorados desta especie os que, xunto coa colaboración do Concello de Cambados, organizasen este evento para descubrir os encantos da flor vida de oriente máis característica de Galicia.

Para máis información de como chegar, aloxamento e restaurantes na vila ou calquera outra consulta poden contactar coa Oficina de Turismo do Concello de Cambados, no Paseo da Calzada ou no teléfono 986 52 07 86.
Ubicación do recinto en Google Maps: https://goo.gl/maps/QAKgut533P12

Durante a fin de semana da mostra a Asociación de Comerciantes Zona Centro decorará os seus establecementos con camelias e repartirá entre os clientes unhas participacións para o sorteo de 4 lotes de produtos relacionados coa flor.

 

Horarios de Exposición:

Sábado 13 de febreiro

9:30 – 13:30. Recepción e montaxe da 1ª Mostra da Camelia (a media mañá haberá pausa café para todos os expositores e colaboradores)

13:30 – 14:00. Inauguración da 1ª Mostra da Camelia en Cambados e entrega de Diplomas

14:30. Xantar de Confraternidade

16:30 – 20:00. Horario de apertura ao público

16:30 – 20:00. Obradoiros para a divulgación da Camelia. Inscrición previa na Biblioteca Municipal Luís Rei (986 52 00 08). Para nenos a partir de 1º de primaria.

-16:30 – 18:00. “creación de tarxetas coa técnica de Scrapbook para testos de camelia” (monitora María Reboredo). De balde ata completar aforamento (15 prazas)

-18:00 – 19:30. “creación de lápis-camelia” (monitora Arantxa Esperón). De balde ata completar aforamento (15 prazas)

 

Domingo 14 de febreiro

10:00 – 14:00. Apertura da mostra ao público

10:00 – 13:00. Obradoiro para a divulgación da Camelia. Inscrición previa na Biblioteca Municipal Luís Rei (986 52 00 08). “Workshop de esmaltado ao lume”, farase unha camelia de cobre (monitora artesá Pilar Blanco). Prezo por persoa subvencionado 10€. Aforamento 12 prazas. Idade recomendable 10 anos.

16:30 – 20:00. Horario de apertura ao público

20:00. Clausura da 1ª Mostra da Camelia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.