Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de "PARQUE INFANTIL EN BELECO".

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 13 de outubro de 2017 (venres), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica, coa descrición dos equipos ofertados.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:

DENOMINACIÓN

Total

21% IVE

TOTAL CONTRATA

PARQUE INFANTIL EN BELECO

28.925,62

6.074,38

35.000,00

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017), da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZOS DOS CONTRATOS.

1 MESdende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, 26 de setembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Enlaces