Portal de participación cidadá sobre o Plan de Mobilidade

Portal de participación cidadá sobre o Plan de Mobilidade

CAMBADOS ÚNESE Á SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Enquisa de Mobilidade do Concello de Cambados

Esta enquisa sobre a mobilidade das persoas residentes encádrase dentro dos traballos de redacción do Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) do Concello de Cambados e dentro do seu proceso de Participación Cidadá Cambados Móvete.

Con esta enquisa de mobilidade búscase coñecer cales son os patróns de mobilidade dos seus cidadáns, tanto respecto aos fluxos como aos modos de desprazamento e transporte empregados, coa finalidade de caracterizar a mobilidade global do Concello de Cambados e poder presentar as propostas máis axustadas ás necesidades identificadas a partir desta enquisa.

A enquisa é anónima e os seus datos non serán explotados de xeito individual senón que agrupada, e só cos fins derivados da elaboración do PMS do Concello de Cambados, cumprindo ademais coa vixente normativa de protección de datos.

Esta enquisa só debe ser realizada unha vez por persoa.

Podes realizar a enquisa neste enlace: https://tinyurl.com/terracambados

O Concello adhírese ao Programa Ágora da Deputación de Pontevedra e habilita un portal de participación cidadá sobre o Plan de Mobilidade na súa paxina web

O Concello de Cambados vén de anunciar a celebración da Semana Europea da Mobilidade, un evento ao cal xa se incorporou o municipio cambadés o ano pasado.

Nesta semana, a diferenza do ano pasado, en Cambados non haberá charlas e obradoiros sobre educación vial, xogos ao aire libre para nenas e nenos, concertos na rúa ou cortes de tráfico no centro urbano.

A segunda onda da pandemia da Covid-19 impide ditas actividades, pero o Goberno municipal cambadés non quere deixar de celebrar a Semana Europea da Mobilidade e decidiu facelo mediante a adhesión do Programa Ágora da Deputación de Pontevedra e coa habilitación dun portal de participación cidadá sobre o Plan de Mobilidade Sustentable que se comezou a elaborar hai unhas de semanas. A concellería de mobilidade tamén tivo en conta o remate da campaña da vendima á hora de decidir non cortar o centro urbano ao tráfico.

A Semana Europea da Mobilidade leva celebrándose dende o ano 2002. Os obxectivos fundamentais da mesma son a procura dunha mellora da calidade de vida e da saúde pública mediante a promoción dunha mobilidade limpa e un transporte urbano sostible. Neste ano, a Semana Europea da Mobilidade céntrase en promover un camiñar e un ciclismo urbano seguro, e como unha mobilidade activa pode resultar beneficiosa para a nosa saúde e para o noso medio ambiente.

O Concello de Cambados acolle con interese esta Semana Europea da Mobilidade, xa que o goberno municipal cambadés ten intención de levar adiante ao longo deste mandato un ambicioso plan de mobilidade e accesibilidade que poña por diante as persoas antes cós vehículos. Iso posiblemente incluirá novas peonalizacións e restricións ao tráfico nalgunhas rúas e prazas, que serán de uso preferente para residentes e servizos, ademais dos peóns e ciclistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.