Por Resolución da Alcaldía, de data 12/09/2016, adxudicáronse á empresa “C.C.S., S.L.”, as obras de “REFORMA INTERIOR DE NAVE MUNICIPAL PARA VIVEIRO DE EMPRESAS”, polo presuposto de setenta e catro mil novecentos cincuenta e tres euros con seis céntimos (74.953,06 €), (baixa 50.722,77 € sobre un presuposto de licitación de 125.675,83 €).

As obras financiaranse con cargo a unha subvención de 59.962,45 € da Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedida a o abeiro da Orde do 15/02/2016.

O que se fai público , en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 12 de setembro de 2016. A alcaldesa. Dª Fátima Abal Roma.