Por Resolución da Alcaldía, de data 12/09/2016, adxudicáronse á empresa “MARCONSA, S.L.”, as obras de “ASFALTADO EN BURGÁNS-VILARIÑO (CAMBADOS)”, polo presuposto de trinta e seis mil cento sesenta e dous euros con dezaoito céntimos (36.162,18 €), (baixa de 20.417,55 € sobre o prezo de licitación de 56.579,73 €).

As obras financiaranse con cargo a unha axuda económica da Consellería do Medio Rural e do Mar-AGADER concedida con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020 e unha subvención da Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público , en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 12 de setembro de 2016.  A Alcaldesa. Dª Fátima Abal Roma.