Por Resolución da Alcaldía, de data 05/09/2016, adxudicáronse á empresa TECNOGALL, S.L., as obras de “MELLORAS NO ALUMEADO PUBLICO NAS PARROQUIAS DE CAMBADOS”, polo presuposto de vintesete mil trescentos oitenta e un euros con trinta e oito céntimos (27.381,38 €), o que supón unha baixa de  7.722,96 € sobre o prezo de licitación de 35.104,34 €.

O financiamento das obras é o seguinte: FEADER-Xunta de Galicia 20.224,99 € e Excma. Deputación Provincial 7.156,39 €.

As actuacións levaranse a cabo nas parroquias seguintes segundo o proxecto aprobado:

O que se fai público, en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 7 de setembro de 2016. Servizo de Contratación.