• Festa do Albariño

    Nos inicios da festa do albariño ninguén se podía imaxinar a importancia e repercusión que esta ía ter para o crecemento da vila. Foron moitas as cousas que se lograron grazas a ela, e así Cambados foi crecendo coa festa.

  • Adegas

    Cambados conta cun percorrido interno de adegas, viñedos, salas de cata e infraestrutura en xeral que, xunto co conxunto histórico, fan de Cambados unha das zonas vitivinícolas máis importantes de España.

  • Museo do Viño

    Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo (s. XV), Monumento de Interese Turístico Nacional, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.

  • Cambados Capital do albariño

    Coñecido como a Capital do viño Albariño a vila de Cambados estivo ligado desde sempre ao albariño e así queda reflectido nas súas rúas onde a cultura do viño está sempre presente.

  • Ruta do viño Rías Baixas

    A nosa Ruta estende as súas raíces na Galicia máis singular, as Rías Baixas, unha zona marcada por un mosaico de tonalidades azuis e verdes que conxuga o océano Atlántico coas fértiles terras galegas