Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Ofertas de emprego

    O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego:

     

    APARTAMENTOS ATLÁNTICO RESORT 

    Ofrecemos 3 postos de traballo:

    • 1 Administrativo/a a media xornada con ciclo medio ou superior de Administracion e Finanzas.
    • 2 camareras de pisos para limpeza de apartamentos (1 a xornada completa de 10 a 18 h) (1 a media xornada de 10 a 14 h) de xuño a setembro.

    para ambas ofertas, importante residir na zona de Sanxenxo, O Grove, Cambados e enviar os curriculums solo a este mail  (info@apartamentosatlantico.es)

    Concello de Cambados - ORIENTACIÓN LABORAL
    Centro Colaborador S.P.E.G.
    Mª Eva Aragunde Chaves - Orientadora
    Telf.:986.524.881  Telf. Móvil: 673.533.490
    Fax1: 986.521.145 ...... Fax2: 986..097.017
    orientacion@cambados.es

     

     

     

    Asimesmo, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa informa da seguinte oferta:

    Diseñador/a web programación

    Descripción: Empresa dedicada ao deseño web e ubicada en Vilagarcía de Arousa precisa un programador con coñecementos de CMS, PHP, MySQL, HTML, CSS, Ajax, JQuery, Boostrap. 

    Requisitos: Debe ser experto en Wordpress e Prestashop, con coñecementos de Magento. Indispensable: Contar con portfolio de traballos. Valorarase experiencia en deseño gráfico, SEO e SEM, redes sociais, ERPs e coñecementos en deseño e maquetación web. Estudios mínimos en  Formación Profesional Grado Superior e experiencia profesional de polo menos 3 anos. 

    Condicións: Ofrecese emprego estable e un bo ambiente de traballo. 

    Contacto: enviar c.v a empleo@camarapvv.es co asunto  DISEÑADOR/A WEB PROGRAMACION

     








    LER MÁIS

  • Foto da nova

    CAMBADOS ACOLLEU A PRESENTACIÓN OFICIAL DA XXVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DO CONCELLO DA GUARDA

     

    O martes 20 de xuño os xardíns do Pazo de Torrado en Cambados foron o escenario da presentación da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que terá lugar no porto da Guarda os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo.

    Este ano escolleuse a vila pontevedresa de Cambados que foi declarada Cidade Europea do Viño 2017. Ademais cada ano achéganse centos de veciños e turistas de Cambados e dos seus arredores xa que é un público moi fiel á cita gastronómica coa que se da comezo o mes de xullo e as vacacións para moitos.

    Neste fermoso espazo os establecementos colaboradores ofreceron unha mostra dos pratos e produtos que se poderán degustar nesta festa de recoñecido prestixio e un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia.

    Unha gran mesa acolleu as decenas de pratos como os percebes, nécoras, navallas, vieiras, croquetas e un longo etcétera ata os 20 pratos que se poderán degustar. Sen esquecer a raíña da festa, a langosta, da que se reparten uns 500 kg cada ano xa sexa á prancha ou cocida. Nesta edición os restaurantes da Guarda que participan son Casa Olga, O Cangrexal e Xeito.

    Xunto aos restauradores estivo presente o xerente da Adega Gran Novas, do veciño concello do Rosal, e que se estrean nesta edición cos seus viños, albariño e do Rosal que contan coa Denominación Rías Baixas. Outra novidade desta edición é a participación da Pastelería Montserrat da Guarda que é a encargada do doce con produtos como rosca de xema, tarta de Santa Trega, atalaias de froita, nécoras doces entre outros doces.

    O acto comezou coa intervención de Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados, que agradeceu ao Concello da Guarda a elección de Cambados como escenario da presentación desta festa gastronómica recoñecida como festa de Interese Turístico de Galicia. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, continuou amosando aos presentes a importancia da festa para a vila da Guarda e aproveitou para dar a coñecer as novidades da programación como é os pregoeiros de excepción para esta vixésimo sétima edición o Bruxo Queiman e Andrea Pousa que farán as delicias aos presentes co seu arte galego. Tamén destacou a actuación de María do Ceo que será a encargada de pechar esta edición coa noite de Fado. Sen esquecer outra cita xa habitual na programación da festa como é a Travesía a nado Porto da Guarda que se celebrará a mañá do sábado ou a feira de artesanía que se poderá visitar durante a fin de semana na rúa do Porto.

    No acto tamén estiveron presentes o Concelleiro de Economía de Cambados, Xurxo Charlin e a Concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes, responsable da organización desta festa gastronómica.

     

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.