As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas.

 

O Concello de Cambados vai contratar un total de 34 persoas desempregadas neste exercicio 2017 a través de dous plans da Deputación de Pontevedra, por un lado vanse contratar un total de 30 persoas mediante o Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos), 2017, e por outra banda ven de aprobarse, a inclusión deste concello no Plan de Practica Laboral 2017, no que se admite a inclusión de 4 bolseiros para o exercicio 2017.

O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2017, permite destinar un total de 207.565,98 €  na contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través  da prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, e por outra banda a inserción dos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, propiciado pola actual crise económica, vítimas de violencia de xénero, candidatos maiores de 45 anos, candidatos que formen unha familia monoparental con fillos a cargo, persoas candidatas con renda máis baixa, e persoas candidatas con cargas familiares.

As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os traballadores serán seleccionados mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello de Cambados.

O concello será quen realice a selección definitiva dos candidatos, a través dos funcionarios municipais e de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados na orde destas axudas onde se priorizara a inclusión de desempregados en colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo. Vaise contratar mediante este plan:

DEPARTAMENTO DE OBRAS E INFRAESTRUCTURAS.

8 operarios de mantemento, cunha xornada de 25 horas semanais, con data de inicio prevista o 01/03/2017 e ata o 31/12/2017.

1 operario de mantemento, 1 albanel, 1 electricista e 1 fontaneiro cunha xornada de 35 horas semanais, con data de inicio en marzo de 2017 de finalización o 31 de decembro de 2017

 6 operarios de mantemento, cunha xornada de 35 horas semanais, con data de inicio en xuño de 2017 e ata o 31/12/2017.

As principais actuacións a desenrolar serán a de detección de vertidos incontrolados, actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza de sendas e camiños,e mantemento de mobiliario urbano, colocación de sinalizacións e instalación doutros (paleiras, puntos de observación, bancos etc.) Mantemento en edificios de titularidade municipais, (colexios, centros culturais, centros deportivos, pavillóns, etc),  consistentes en traballos de fontanería, electricidade, pintura , etc. Limpeza e mantemento viario, recuperación de vías de pedra coa reposición do adoquinado, pintura de beirarrúas, mobiliario urbano, mantemento e limpeza de instalacións de titularidade  municipal, ou centros que o mantemento sexa de competencia municipal centros culturais, biblioteca, museos, colexios etc.

MANTEMENTO E ACTUACIONS EN MATERIA  MEDIOAMBIENTAL.

1 Técnico Medioambente, cunha xornada de 25 horas semanais, e con data de inicio 01/03/2017 ata o 31/12/2017.

1 Coidador-Recolledor de cans, cunha xornada de 25 horas semanais, e con data de inicio o 01/03/2017 ata o 31/12/2017,  para a colaboración co refuxio de animais.

As principais actuacións a desenrolar serán eliminación de vertidos incontrolados poñéndose en marcha actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza tamén de camiños,  mantemento de mobiliario urbano, colocación de sinalizacións e instalación doutros (paleiras, puntos de observación, bancos, xestión do punto limpo, catalogación e adopción de medidas para a erradicación de especies invasoras. Campañas de concienciación medioambiental, consistentes en charlas informativas a poboación, nenos en idade escolar, carteis informativos, adquisición de contadores e reposición de contedores existentes. Colaboración co refuxio de animais, tanto na aportación de persoal para a recollida de animais, asi  como nas distintas campañas informativas e de concienciación social.

DEPARTAMENTO DE CULTURA.-

2 Auxiliares de Cultura cunha xornada de 35 horas semanais, e con data de inicio o 01/03/2017 ata o 31/12/2017.

2 Auxiliares de Cultura, cunha xornada de 25 horas semanais, e con data de inicio o 01/03/2017 ata o 31/12/2017.

Nestes últimos anos a oferta de actividade culturais, e servizos veuse incrementado significativamente, estanse a levar a cabo unha gran cantidade de actividades, tales como actividades dirixidas a nenos, exposicións, plan madruga, cursos, actuación culturais, ludotecas, etc., polo que é necesario o reforzo do persoal do Concello debido tamén o incremento de usuarios, e tamén a posta en marcha de novas iniciativas dirixidas á colectivos como adolescentes, na que a oferta cultural é moi escasa. 

DEPARTAMENTOS ADMINISTRATIVOS .

5 Auxiliares de Apoio, cunha xornada de 25 horas semanais, e con data de inicio o 01/03/2017 ata o 31/12/2017

1 Traballador/ra Social, cunha xornada de 25 horas semanais, e con data de inicio o 01/03/2017 e con data de finalización o 31/12/2017.

Realizando tarefas de servizo de apoio nas tarefas de Intervención, Contabilidade, Rexistro, Xestión Documental, Control Orzamentario, Asesoramento fiscal sobre as bonificacións existentes o contribuínte, Apoio no Negociado de Persoal,  así como apoio na Oficina Municipal  de Atención ó Consumidor, etc… e un Traballador/ra Social, para reforzo nos servizos municipais debido o gran número de usuarios do mesmo, que actualmente están a sufrir un retraso na súa atención debido a falta de persoal.

 

 

Mentres, a través do Plan de Practica Laboral 2017, vai permitir a contratación de 4 bolseiros durante o este ano remunerados entre 700 e 800 euros o mes:1 Diplomado ou Graduado en maxisterio de Educación Infantil, 1 Enxeñeiro Industrial, Orientación en Organización Industrial/Grao en Enxeñería en Organización Industrial e dous Diplomados/Grao en Dirección e xestión Pública para colaborar na implantación de novos programas municipais de xestión pública no que se pretende reducir os custes e as posibles deficiencias existentes nos mesmos.