Rematada esta semana a dotación do subministro para a “RENOVACIÓN E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA R.D. 1890/2008 DA ILUMINACIÓN PÚBLICA DA AVENIDA DE CASTRELO NO CONCELLO DE CAMBADOS”, subvencionada ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foi executada pola empresa “TECNOLOGÍA GALLEGA DE MANTENIMIENTO Y SERVICIOS, S.L.", por un importe de 32.525,43 € (IVE incluído), cunha baixa de 163,45 €.

Faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 4 de outubro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.