Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de "DOTACIÓN DE CALDEIRAS BIOMASA PARA O EDIFICIO DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS DA RÚA OURENSE".

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 2 de outubro de 2017 (luns), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

1.- Oferta económica; e,

2º.- Anexo de características técnicas dos equipos ofertados.

 

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

O que figura no proxecto redactado polo Enxeñeiro Técnico Industrial, D. José Jorge Núñez Casal e que se transcribe seguidamente:

 

DENOMINACIÓN

Total

21%

IVE

TOTAL

CONTRATA

Dotación caldeira de biomasa ao edificio de servizos administrativos da Rúa Ourense.

39.984,00

8.396,64

48.380,64

 

REQUISITOS TÉCNICOS QUE DEBERÁN REUNIR AS CALDEIRAS DE BIOMASA QUE SE OFERTEN:

Xustificación:

Deberá cumprir na súa totalidade as características técnicas que se esixen e máxime tendo en conta que as caldeiras irán situadas en salas de caldeiras existentes e as instalacións novas terán que adaptarse ás mesmas de forma que se evite no posible a necesidade de acometer obras de grande envergadura e un exemplo destas sería a construción de novas chemineas. Para as caldeiras propostas, verificouse mediante cálculos que as chemineas existentes serían válidas tecnicamente en canto a dimensións mínimas para garantir o perfecto funcionamento das caldeiras, aínda que de forma moi axustada, co que non se podería asegurar que outra caldeira sexa válida para as chemineas existentes.

Realizarase a instalación dun sistema tándem, formado por 2 caldeiras de pellets, cunha potencia mínima unitaria de 56 kW da marca Okofen, Viessmann, Guntamatic, ou similar e unha potencia conxunta de polo menos 112 kW.

• Caldeira con 3 pasos de fumes.

• Sistema de combustión con limpeza automática do queimador.

• Aire primario e secundario de combustión.

• Acendido automático.

• Sistema antirretorno de chama con peche hermético. Dito sistema debe realizar un corte

físico 100% estanco entre o queimador e a tolva de recepción de pellets en caso de

anomalía no sistema.

• Control da presión de cámara de combustión e control de ventilador de fumes, así como

alimentación de combustible, modificando automaticamente os parámetros necesarios en

caso de cambiar la calidade do combustible e as condicións de tiro da cheminea en

función de la climatoloxía exterior (temperatura, vento…)

• Control da entrada de pellets ao queimador mediante sensor capacitivo.

• Sistema de limpeza:

- Sistema de limpeza automático de intercambiadores de calor, mediante sistema

mecánico formado por motor, biela y turbuladores.

- Sistema de recollida automático de cinzas, formado por sistema extractor y cinceiro

exterior que permita o vaciado de cinzas sen necesidade de apagar a caldeira ou abrir a

porta da cámara de combustión.

- Para evitar posibles problemas na evacuación de auga con condensados derivados da combustión e para contribuír a unha redución de consumo de agua quedan excluídos

aqueles equipos que usen auga para o sistema de limpeza dos intercambiadores da caldeira.

• Potencia modulante dende 18 kW ata 56 kW.

• Rendemento> 91% sobre PCI.

• Illamento: 10 cm en la de roca.

• Sistema de telexestión integrado.

• Sistema de alimentación de pellets independente para cada caldeira.

• Control de caldeira mediante autómata montado en fábrica, cableado e probado.

• A caldeira debe estar fabricada conforme a la Norma UNE-EN 303-5.

• A posta en marcha da caldeira deberá ser realizada por un técnico oficial do fabricante

da caldeira, sendo de obrigado cumprimento rechear os valores do primeiro arrancado,

presentando o certificado oficial do técnico ao director da obra, quedando rexistrado e

arquivado o certificado.

 

FINANCIAMENTO:

Investimento

Xunta/Feder

Aportación Municipal: subvención solicitada á

Excma. Deputación Provincial PPOS/2015 (*)

48.380,64

38.704,51

9.676,13

(*) A adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financialas obrigas derivadas do contrato e, en concreto, a concesión dunha subvención pola Excma. Deputación Provincial, por importe de 9.676,13 €, para facer fronte a aportación municipal ao investimento.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.

1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos do cartel de obra serán a cargo da empresa adxudicataria. Os modelos a empregar serán os establecidos para investimentos financiados por fondos FEDER e polo Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Excma. Deputación Provincial.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

1.- Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 60 puntos.

Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de oferta obterán 0 puntos.

Para as ofertas restantes os puntos obteranse aplicando unha fórmula de tres simple directa.

 

2.- Proposta de redución de prazos: ata 40 puntos, deberá vir acompañada do cronograma xustificativo da proposta. Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prazo de execución fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de prazo ou non aporten o cronograma xustificativo obterán 0 puntos.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, 21 de setembro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

 

 

Enlaces