Por Resolución desta Alcaldía de data 18.8.2017, adxudicouse á empresa "MARCONSA, S.L.", o contrato das obras de "MELLORA DA CAPA DE RODADURA E DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BURGÁNS (VILARIÑO)", por importe de 72.787,31 € (Ive incluído), cunha baixa de 43.616,65 € sobre o prezo de licitación (116.403,96 €).
As indicadas obras financiaranse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.
O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, a 18 de agosto de 2017, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.