Por Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial concedeuse a este Concello de Cambados, autorización para a reinversión da baixa xerada na adxudicación das obras de “Acondicionamento de viais na Parroquia de Vilariño”, incluídas no PC2016017268, que ascendía a un total importe de 6.200,00 € para levar a cabo a actuación de dotación de “SINALÉCTICA EN VIAIS DE ALTA CAPACIDADE” PC2016043694.

O investimento consistiu na adquisición de dous carteis construídos en lamas de perfil de ferro extrusionado, con impresión dixital e lámina de protección de U.V., nivel de retroreflectancia nivel II, co lema “Cambados Vila do Albariño”, que se instalaron na AG-41 (autovía do Salnés) dirección Sanxenxo nos PK7+800 e PK10+950.

O subministro foi adxudicado á empresa Barreras de Seguridad, S.L., por un importe de 6.199,99 €

 

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e nas de convocatoria do Plan Concellos 2016.

Cambados, 6 de febreiro de 2016.

Servizo de Contratación.