Por Resolución da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde da Orde do 25 de abril de 2016, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural, concedeuse a este Concello de Cambados unha subvención por importe de 6.427,68 €, para levar a cabo os investimentos contemplados no proxecto de “CREACIÓN DUN CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NO POLÍGONO DE SETE PÍAS, OUBIÑA-CAMBADOS”, que ascendía a un total importe de 9.182,40 €, dos que o Concello aportou a cantidade de 2.754,72 €.

 

 

Os investimentos levados a cabo consistiron na dotación de diverso mobiliario e equipamento informático para os locais existentes no edificio municipal, coñecido co Centro Loxístico, sito no Poligo de Sete Pías, para a posta en funcionamento do mencionado Centro de Desenvolvemento, así como á impartición dunha xornada de formación denominada “Impulso e motivación polo emprendemento comercial. Técnicas de Mellora do comercio local dirixido a este sector.

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e na base 18 da mencionada Orde de Convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Cambados, 15 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.