O pasado día 11/11/2016, remátaronse as obras de “REFORMA INTERIOR DE NAVE PARA VIVEIRO DE EMPRESAS”, que se atopa situada no Polígono de Sete Pías (Oubiña).

As mencionadas obras foron adxudicadas á empresa “CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNÉS, S.L.”, por un importe de 74.953,06 € (Ive incluído), contando cunha subvención de 59.962,45 € da Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedida ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da CC.AA. de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e polo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 14 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.