ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 13 de xullo de 2016, adoptou acordo adxudicar á empresa PORTO DE CAMBADOS, S.L., a autorización para a “INSTALACIÓN DE CARPAS E STANDS GASTRONÓMICOS NO LATERAL DO PASEO DE A CALZADA DURANTE A LXIV FESTA DO ALBARIÑO 2016”, polo canon ofertado de nove mil euros EUROS (9.000,00 €).

A autorización outórgase única e exclusivamente para a LXIV Festa do Viño Albariño 2016.

Os postos deberán estar instalados dende o día 3 de Agosto do ano en curso ata o 7 de agosto (ámbolos dous inclusive).

O que se fai público , en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 14 de xullo de 2016.

A alcaldesa

Dª Fátima Abal Roma.

 

Arquivos adxuntos