Por medio da presente infórmase que se procederá á contratación, como contrato menor, das obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DO PAZO TORRADO”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras. 
 
As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 8 de xuño de 2016 (mércores), en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres e ós sábados de 9.00 a 13.00 horas.
 
Deberán aporta-la documentación seguinte:
 
SOBRE A:
Modalidade A:
1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.
Modalidade B:
1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.
2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.
3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).
4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).
5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.
 
SOBRE B:
Conterá a oferta económica.
 
Os criterios de adxudicación, aprobados pola X.G.L., en sesión do 18/05/2016, serán os seguintes:
1.- Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 40 puntos.
d) Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto.
e) As ofertas que non presenten redución de ofertan obterán 0 puntos.
f) Para as ofertas restantes os puntos obteranse aplicando a fórmula seguinte: 
Puntuación = 40 x Tipo de licitación-Importe da oferta presentada
Tipo de licitación-Oferta máis baixa presentada
2.- Maior prazo de garantía das obras: ata 30 puntos. A estes efectos só se puntuará o prazo que exceda dos 12 meses legais de garantía. A razón de 10 puntos por cada ano de incremento do prazo de garantía sobre o previsto legalmente dun ano e cun máximo de 30 puntos.
3.- Proposta de redución de prazos: ata 30 puntos. 
d) Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prazo de execución fixado no proxecto.
e) As ofertas que non presenten redución de prazo obterán 0 puntos.
f) Para as ofertas restantes os puntos obteranse a través dunha regra de tres simple directa.
 
Nota: Os trámite de apertura da documentación queda supeditada á recepción do informe favorable da Comisión Territorial do Patrimonio para a realización do control de arqueolóxico.
 
Cambados, 20 de maio de 2016
A ALCALDESA.
 
 
Dª Fátima Abal Roma.
 
INFORMACIÓN:
Servizo de Contratación
contratacion@cambados.es
Teléfono: 986520943  Ext. #747 e #755
 
Arquivos adxuntos