En relación co expediente do contrato menor das obras de “ENSANCHE DE VÍAL NA RÚA CRUCEIRO, convócase aos membros da MESA DE CONTRATACIÓN, para o vindeiro mércores, día 22 de febreiro de 2017, ás 13.30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, co obxecto de trata-los asuntos seguintes:

1º.- Cualificación da documentación xeral contida nos sobres A) e, se procede

2º.- Apertura dos sobres B), oferta económica, e formular proposta de adxudicación do contrato á Xunta de Goberno Local, se procede.

 

Reseña histórica: "... A obra foi iniciativa do vizconde de Fefiñáns, Gonzalo de Valadares, que no 1622 contratou co mestre Francisco de Grie por un prezo de 50 ducados e unha mula. Aproveitouse daquela unha vella salina situada no esteiro do río da Ucha. A tal efecto levantouse un pequeno encoro con cinco portelos, e no extremo o edificio do muiño, que albergaba ademáis das catro moas (tres para millo e unha para centeo e trigo), cortes para os animais, almacéns e vivendas dos propietarios. O volume do edificio é considerable para o que adoitan os muíños máis comúns de regato que se poden ver por toda Galicia; ten tres andares e un espacio inundable onde se instalan os rodicios..." Foto e comentarios: Sindo Mosteiro.

 

En documento adxunto únese a Acta da Mesa de Contratación, celebrada na mañá de hoxe, 20/02/2017, onde se procedeu á dar conta do informe do Técnico Municipal e se formulou proposta de adxudicación das obras a favor da empresa "ACTIVIDADES DE CONSTRUCCIÓN, EDIFICACIÓN Y VIALES, S.L. (ACEVI, S.L.)"

 

Cambados, 20 de febreiro de 2017.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN.

 

 

Arquivos adxuntos

Por Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial concedeuse a este Concello de Cambados, autorización para a reinversión da baixa xerada na adxudicación das obras de “Acondicionamento de viais na Parroquia de Vilariño”, incluídas no PC2016017268, que ascendía a un total importe de 6.200,00 € para levar a cabo a actuación de dotación de “SINALÉCTICA EN VIAIS DE ALTA CAPACIDADE” PC2016043694.

O investimento consistiu na adquisición de dous carteis construídos en lamas de perfil de ferro extrusionado, con impresión dixital e lámina de protección de U.V., nivel de retroreflectancia nivel II, co lema “Cambados Vila do Albariño”, que se instalaron na AG-41 (autovía do Salnés) dirección Sanxenxo nos PK7+800 e PK10+950.

O subministro foi adxudicado á empresa Barreras de Seguridad, S.L., por un importe de 6.199,99 €

 

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e nas de convocatoria do Plan Concellos 2016.

Cambados, 6 de febreiro de 2016.

Servizo de Contratación.

 

 

 

 

OBRA INCLUÍDA NO PLAN CONCELLOS 2016.

Por medio da presente infórmase que se procederá á licitación, como contrato menor, das obras de “ENSANCHE DE VIAL NA RÚA CRUCEIRO-VILARIÑO”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras.

As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 16 de febreiro de 2017 (xoves) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

 SOBRE A:

Modalidade A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Modalidade B:

1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.

2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.

3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.

6º.- Declaración de empresas vinculadas.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

CRITERIO DE ADXUDICACIÓN:  o menor prezo sobre o previsto na licitación:

a) Obterá máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto.

b) As ofertas que non presenten redución obterán 0 puntos.

Cambados, 1 de febreiro de 2016.

Servizo de Contratación.

 

 

Arquivos adxuntos

 

 

Foto: Sindo Mosteiro.

 

Por medio da presente infórmase que se procederá á licitación, como contrato menor, das obras de “CONSERVACIÓN DO MUIÑO DE MAREAS DE A SECA”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras.

As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 10 de febreiro de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

Modalidade A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Modalidade B:

1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.

2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.

3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.

6º.- Declaración de empresas vinculadas.

 

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

CRITERIO DE ADXUDICACIÓN:  o menor prezo sobre o previsto na licitación:

a) Obterá máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto.

b) As ofertas que non presenten redución obterán 0 puntos.

Cambados, 26 de xaneiro de 2017.

A ALCALDESA

 Dª Fátima Abal Roma.

Arquivos adxuntos

Aqueles emprendedores que están interesados en ocupar unha destas naves do Viveiro Industrial poden presentar a súa solicitude no Concello.

O Viveiro Industrial, único na comarca do Salnés de xestión municipal, dentro da Nave Loxística, nunha nave municipal de 1.534 metros cadrados.

Aqueles emprendedores que están interesados en ocupar unha destas naves do Viveiro Industrial poden presentar a súa solicitude no Concello de Cambados, tratase de 4 naves para un perfil de persoas emprendedoras que comezan coa súa actividade. Para consolidarse terán dous anos, o prazo máximo que marcan as bases do proxecto, e ademais do espazo que terán na nave que se lles asignará, tamén contarán coa posibilidade de utilizar servizos comúns como despachos, sala de reunións, e ata, un lugar de asesoramento en caso de ser preciso. Neste Viveiro Industrial de Cambados acondicionáronse catro locais que oscilarán entre os 332,80 e os 499,20 metros cadrados e cuxo prezo de aluguer estará entre os 349,44 € e os 524,16 € o mes, co fin de facilitar aos emprendedores a posibilidade de iniciar a súa actividade e poder introducirse no mercado elixido.

   

 

 

ICO0 Memoria económica Plan de Empresa

ICO0 Solicitude Admisión e selección de proxectos empresariais CDL

 Resolución da Alcaldía de avocación de competencias, de data 28/10/2016, adxudicouse á compañía “MAPFRE, S.A.” o contrato do “SEGURO DE COBERTURA DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL DO CONCELLO DE CAMBADOS, por importe de dez mil catrocentos sesenta euros (10.460,00€), o que supón unha redución da prima de 2.540,00 € sobre o orzamento de licitación (13.000,00 €); unha redución da franquicia de responsabilidade civil en 250,00 € sobre a cantidade de 500,00 € establecida no prego; un aumento do límite de indemnización por sinistro de 3.000.000,00 € sobre o establecido de 2.000.000,00 € e un aumento do sublímite de indemnización por vítima en RC patronal de 400.000,00 € sobre o establecido no prego de 200.000,00 €,

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o establecido polo artigo 135.4 da LCSP.

Cambados, 21 de decembro de 2016.

Servizo de Contratación.

En data 16/02/2016 asinouse un convenio de colaboración entre os Concellos de Cambados e Ribadumia, aos efectos de solicitar conxuntamente unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2015, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, para levar a cabo as obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS, SINALIZACIÓN E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE O SALNÉS, CAMBADOS-RIBADUMIA”.

Con posterioridade, por parte do Concello de Cambados, solicitouse da Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016, unha subvención para financia-la aportación de fondos municipais ás mencionadas obras.

Concedidas as subvencións e tramitado o preceptivo expediente de contratación, as obras foron adxudicadas á empresa “Fontefria, S.L.”

O prezo do contrato  quedou fixado na cantidade de oitenta e tres mil cen euros (83.100,00 €), de IVE a cantidade de dezasete mil catrocentos cincoenta e un euros 17.451,00 €), totalizando un importe de cen mil cincocentos cincoenta e un euros (100.551,00 €) (baixa de 75.214,00 € sobre un presuposto de licitación de 175.765,00 €) e un prazo de execución das obras de 13 días de conformidade co ofertado pola empresa.

O resumo do financiamento, unha vez adxudicadas as obras, foi o seguinte:

 

INVESTIMENTO TOTAL DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE 21%

 

Orzamento total

Axuda

95%

Aportación

Mnpal 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

83.100,00

17.451,00

100.551,00

95.523,45

5.027,55

HONORARIOS REDACIÓN PROXECTO

 

3.500,00

 

735,00

 

4.235,00

 

4.023,25

 

211,75

TOTAIS ……………………………………..

86.600,00

18.186,00

104.786,00

99.546,70

5.239,30

Observación (*): O IVE é subvencionable

 

DESGLOSE DE INVESTIMENTOS EN CAMBADOS

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE

21%

Orzamento total

Axuda solicitada

95%

Aportación

Cambados 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

55.093,76

 

11.569,69

66.663,45

63.330,28

3.333,17

HONORARIOS REDACCIÓN

2.449,59

514,41

2.964,00

2.815,80

148,20

Totais……………………

57.543,35

12.084,10

69.627,45

66.146,08

3.481,37

 

DESGLOSE DE INVESTIMENTOS EN RIBADUMIA

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE

 21%

Orzamento total

Axuda

95%

 

Aportación

Ribadumia 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

28.006,24

5.881,31

33.887,55

32.193,17

1.694,38

Honorarios Proxecto

1.050,41

220,59

1.271,00

1.207,45

63,55

Totais…………………

29.056,65

6.101,90

35.158,55

33.400,62

1.757,93

 

 

 

 

 

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo artigo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP, pola Orde de convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola Base 15ª  das Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o ano 2016.

Cambados, 15 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.

 

Por Resolución da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde da Orde do 25 de abril de 2016, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural, concedeuse a este Concello de Cambados unha subvención por importe de 6.427,68 €, para levar a cabo os investimentos contemplados no proxecto de “CREACIÓN DUN CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NO POLÍGONO DE SETE PÍAS, OUBIÑA-CAMBADOS”, que ascendía a un total importe de 9.182,40 €, dos que o Concello aportou a cantidade de 2.754,72 €.

 

 

Os investimentos levados a cabo consistiron na dotación de diverso mobiliario e equipamento informático para os locais existentes no edificio municipal, coñecido co Centro Loxístico, sito no Poligo de Sete Pías, para a posta en funcionamento do mencionado Centro de Desenvolvemento, así como á impartición dunha xornada de formación denominada “Impulso e motivación polo emprendemento comercial. Técnicas de Mellora do comercio local dirixido a este sector.

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e na base 18 da mencionada Orde de Convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Cambados, 15 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.

O pasado día 11/11/2016, remátaronse as obras de “REFORMA INTERIOR DE NAVE PARA VIVEIRO DE EMPRESAS”, que se atopa situada no Polígono de Sete Pías (Oubiña).

As mencionadas obras foron adxudicadas á empresa “CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNÉS, S.L.”, por un importe de 74.953,06 € (Ive incluído), contando cunha subvención de 59.962,45 € da Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedida ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da CC.AA. de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e polo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP.

Cambados, 14 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina