É unha asociación cultural cambadesa formada por mariscadoras e redeiras.

Actividades

A asociación realiza visitas guiadas pola beiramar e os bancos marisqueiros.

Pódese elixir entre dúas rutas:

Ruta 1: San Tome - O Serrido

Saída da caseta de Guimatur, situada no paseo da Calzada, polo paseo marítimo ata o barrio mariñeiro de San Tomé onde se visitará:

-O porto de Cambados e a antiga lonxa de poxas.

-A Confraría de Pescadores "San Antonio", unha das máis antigas de España.

-Conserveiras.

-A dársena de San Tomé, coas súas embarcacións tradicionais e modernas.

-Exemplos da arquitectura tradicional mariñeira: casas e hórreo.

-O banco natural de marisqueo "O Serrido".

Duración aproximada: 90 minutos.

Ruta 2: Porto de Tragove

Punto de encontro para a saída da ruta na Lonxa de pescadores de Tragove. Visitarase:

-A lonxa e asistirase a unha poxa.

-Percorrido polo porto onde se explica o tipo de embarcacións e as artes que empregan.

-A nave para o atado de redes, onde as redeiras realizan o seu traballo.

-Explicación do funcionamento dunha depuradora.

Duración aproximada: 90 minutos.

Ao finalizar as visitas ofrécese, como agasallo, unha pequena bolsa feita a man polas redeiras, con cunchas das diferentes especies de mariscos da zona.

 

GUIMATUR

www.guimatur.org

infoguimatur@guimatur.org

Teléfono de información e reservas: (+34) 647 608 684