Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    Feira medieval

    Cambados regresa ao medievo esta fin de semana coa feira medieval que se celebrará na praza de Fefiñáns entre os días 18 e 20 de agosto.

    Nesta feira haberá espectáculos con voos de cetreiría, exhibición de aves rapaces, actuacións musicais e postos de comida e artesanía. Tamén haberá atraccións infantís, xogos malabares, zancudos e espectáculos de fogo.

    Dende o Concello de Cambados animamos ás persoas asistentes a vestirse de época para mergullarse no espírito máis medieval.

     

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    Partido de fútbol para a igualdade e econtra a violencia de xénero

    Este sábado, 19 de agosto, o campo de fútbol do Pombal acollerá un partido de fútbol entre o Beiramar C.F. e o Deportivo Abanca B.

     

    O encontro, que ten por lema “Fútbol pola igualdade e contra a violencia de xénero", disputarase ás 18:00 e a entrada será gratuita.

     

     

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.