Esta mañá foi inaugurada a mostra “Nado en Pedra” que mostra o traballo realizado pola Escola de Canteiría da Deputación de Pontevedra. Esta exposición ao aire libre poderá visitarse no Paseo da Calzada ata o vindeiro 30 de xuño.

Durante o acto de inauguración, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, firmaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para a instalación dun conxunto escultórico representativo dunha bodega, que será instalado no patio interior do Museo do Viño, con motivo da designación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.