Ver todas as novas do día...

  • Foto da nova

    CHARLA EDUCACIÓN FINANCEIRA

    Nestas datas as familias xa teñen feitas os cálculos dos gastos do Nadal e están a afrontar a famosa costa de xaneiro, e atopámonos moitas veces con cuestións de como se pode aforrar mais e que técnicas se poden utilizar para logralo.

    Os Galegos somos bos aforradores, pero nos estudios de Educación Financeira apuntan no sentido de que temos que mellorar neste ámbito:

    Cerca do 80% do aforro esta preso en inmobles, e se tiveramos unha boa Educación na materia, non teriamos máis da metade do aforro financeiro en contas correntes e depósitos que non traballan para o inversor se non para terceiros.

    As Institucións internacionais, tanto a OCDE como a UE, recomendan que se ten que traballar máis na Educación Financeira, enfocada primeiro en coñecerse máis a un mesmo, coñecer as necesidades da nosa familia, e coñecer as necesidades persoais, e saber o que se precisa, e por outra banda, coñecer e traballar a parte dos ingresos, de onde veñen? do traballo? dunha pensión? do meu patrimonio? E logo tamén traballar a parte dos gastos, onde estou a invertir?.

    A definición tradicional do Aforro e Ingresos menos Gastos, pero tal como se esta a presentar o futuro e a desenrolar o estado de benestar, case deberiamos pensar máis en Ingresos menos Aforro igual a Gasto.

    As técnicas básicas do aforro establecen que mínimo o 10% dos ingresos deben destinarse a aforro en imprevistos, e despois de aí buscar un equilibrio sobre as necesidades que vamos ter no futuro e o que imos consumir hoxe. Se eu me caso, vou comprar unha casa, se decidimos ter fillos, todo iso no Futuro vai xerar unha necesidade de cartos, que non son cartos que se poden quitar directamente dunha nómina, ou por exemplo o tema da xubilación, tódolos días saen novas de que se precisan máis fondos para o presuposto da seguridade social, vemos estes días que fan falla 15.000 millóns de euros para pagar as pensións, todos temos claro que no futuro o nivel das pensións vai baixar si ou si, por iso temos que pensar no futuro, en buscar un equilibrio entre o presente o futuro.

    Un dos consellos que débomos ter en conta, e poñerlle nome ao aforro (os estudos do neno, un coche novo, unha viaxe…) se os deixamos na conta corrente normalmente este aforro ímolo consumir e máis cando os ingresos están a par dos gastos na meirande parte das familias.

    En definitiva, o Asesoramento Financeiro é como o que quere adelgazar ou deixar de fumar, normalmente e útil a axuda dun profesional que lle preste consello, pero por exemplo a profesión de Asesor Financeiro inda esta en desenrolo, atopar un Asesor Financeiro de calidade as veces non é traballo sinxelo. Por iso temos a sorte de contar hoxe con nos con Patricia Doldán.

    Patricia Doldán e Economista e Asesora Financeira certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Traballou en banca comercial durante máis de 20 anos, a maior parte do tempo como Directora de Oficina Comercial. Fai catro anos deulle un xiro á súa vida e deixou a banca comercial para dedicarse ao asesoramento e planificación financeira, axudando a que as familias consigan os seus obxectivos e teñan tranquilidade e saúde financeira. E dende o Concello de Cambados queremos agradecer a súa colaboración para poder levar a cabo esta Charla de Educación Financeira que imos realizar en Cambados o Vindeiro Xoves 18 de Xaneiro ás 20:30h no Salón de Actos de Exposalnés.

    LER MÁIS

  • Foto da nova

    Curso de defensa persoal en Cambados

    O Concello de Cambados dende a concellaría de Igualdade organiza a partir do 22 de xaneiro e ata o 6 de febreiro un curso de defensa persoal.

    O curso terá unha duración de 12 horas que se repartirán en sesións de 2 horas con horario de tarde e estará dirixido por un policía especializado en defensa persoal que amosará de maneira práctica como con movementos de evasión, ataques e obxectos de uso diario (como por exemplo un bolígrafo, paraugas ou outro tipo de obxectos que se adoitan portar na rúa) unha muller pode defenderse nunha situación de perigo ante o seu agresor.

    O curso estará dirixido a mulleres en xeral que desexen aprender estas técnicas. Xa está aberto o prazo de inscrición gratuíta con prazas limitadas. A inscrición debe dirixirse á concellaría de igualdade, a través do teléfono 986 520 902 / 43 / 51 ou ao email alcaldia@cambados.es

    LER MÁIS

  • CONXUNTO HISTÓRICO

    Cambados posúe un Conxunto Histórico que foi declarado Ben de Interese Cultural. É un dos mellor restaurados de Galicia. O patrimonio cambadés loce pazos e casas nobles, esculturas deseñadas por grandes artistas e pezas de arte popular, prazas e rúas empedradas, un pracer para quen ama a arte e a historia.

  • Albariño

    Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

  • Gastronomía

    A calidade dos peixes e mariscos, así como dos froitos da horta, converten á gastronomía nun dos sectores básicos da economía cambadesa. A degustación de produtos típicos da ría de Arousa, regados cun aromático Albariño, é un dos sinais peculiares que distingue a este municipio.

  • Festas

    Durante todo o ano en Cambados desenvólvense programas de actividades festivas e culturais. Hai concertos de primeiro nivel, danza e teatro, festivais folclóricos, exposicións de arte, deportes, espectáculos ao aire libre... Os visitantes intégranse no ambiente con gran facilidade, grazas á acollida da xente.

  • Natureza

    Outro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.

  • Museos

    En Cambados pódense visitar catro museos: o Museo Etnográfico e do do Viño, o Muiño de Mareas de A Seca, a Casa Museo do Pescador e a Casa Museo do gran poeta Ramón Cabanillas.